2 de abril de 2020

A ritmo de garaje y otras prácticas

Buen día!
Hoy tenemos un profe de garaje, Lino Beloso Barral, de 4ºA ESO, con una genial y perfectamente explicada propuesta práctica, muy completa y diseñada para una estupenda tonificación, dejando tiempo para el placer de la vitamina de la luz solar. Sólamente se le escapó la hidratación a base de bebidas carbonatadas...mejor agua fresca!




También os dejo algunos consejos para llevar mejor el teletrabajo, para vosotros y para toda la familia:






Pasade unha boa Semana Santa. Non esquezades facer actividade física, de calquera tipo, que sexa saudable e variada, para non aburrirse. Espero as vosas aportacións; aínda non contactei con todos. Apertas!!! SAÚDE!!!


1 de abril de 2020

Estiramentos e recordatorios

Bo día!
Seguimos activos? Sabedes cal é o principal problema á hora de manternos activos? Pois nin máis nin menos que a constancia. NON SOMO CONSTANTES!!! Debemos facer exercicio físico a diario...SOMOS HUMANOS!!!
Tedes material de sobra para facer exercicio cada día. Hoxe déixovos unha táboa de estiramentos xenérica. Lembrade facer un pequeno quecemento antes de empezar a adestrar e uns estiramentos ao remate, incidindo sobre todo na musculatura empregada nos exercicios de cada día.
Tamén vos deixo unhas láminas tipo recordatorio de boas prácticas respecto da saúde. SEGUIMOS ACTIVOS!!!


















31 de marzo de 2020

Rutina cardio queima graxa

Boas! Hoxe propoño unha rutina en casa, amena e divertida, pero tamén moi esixente. Podedes facela en dous ou tres días, sen problema. Un personaxe, pero que sabe o que fai:

https://www.youtube.com/watch?v=c_IdhmpFtqM&feature=youtu.be

A ver se algún se atreve a grabarse e compartilo con nós para facelo máis divertido. SAÚDE!!!


30 de marzo de 2020

Recomendacións básicas pero moi importantes

Bo día! Empezamos nova semana. Para os que estades a seguir o blog de Educación Física, deixo algunhas recomendacións en forma de imáxenes. Intentade contaxiar aos vosos compañeiros para que visiten o blog e participen activamente; a actividade física reporta moitos beneficios. Seguide facendo tódolos días algo e compartídeo. SAÚDE!!!







27 de marzo de 2020

ALIMENTACIÓN e coronavirus

Fin de semana!!! Teremos un tempo de descanso, ben merecido. Pero déixovos un vídeo con algúns consellos para alimentarnos mellor durante este período de confinamento, qué comprar no supermercado e cómo evitar a ansiedade. É imprescidible realizar exercicio físico a diario para mellorar a saúde pero tamén é igual de importante unha alimentación sana e equilibrada. Imos aprender un pouco máis sobre isto. Boa fin de semana!!!



26 de marzo de 2020

Deporte ante todo

Xoves! Ánimo, que xa está moi cerca a fin de semana, para poder descansar NA CASA. Seguro que estades atopando rincóns da mesma que aínda non coñeciades e tamén estou convencido de que participades moito máis que de costume nas labores domésticas.
Carla Dacosta Miranda, de 2º A ESO, invítanos a facer un par de exercicios para manter a forma. A mellor explicación é a visual, así que agradezo a Carla o seu permiso para publicalo. Grazas, e a practicalo coa nosa instructora especial. A ver se pillades o primeiro, porque a monitora está un pouco tola...ou acelerada.









25 de marzo de 2020

Kick Boxing

Bo mércores!
Hoxe temos unha recomendación moi interesante de Noemi García Paredes, de 4º A ESO. Preparádevos os máis esixentes, a ver ata onde podedes chegar. Grazas, Noemi. Coidádevos e coidade dos vosos maiores.

NOEMI:
"Como idea para facer exercicio, recomendo esto: https://youtu.be/gid7mT-1YnY .É unha rutina de kick boxing dun total de 28 días ; o comezo é máis ou menos moderado e dura pouco pero, a medida que avanzan os días, este tempo de exercicio aumenta, é bo para aqueles que non fan moito deporte e queren comezar pouco a pouco. Aademáis, gástase moita enerxía 😁💪"