31 de marzo de 2020

Rutina cardio queima graxa

Boas! Hoxe propoño unha rutina en casa, amena e divertida, pero tamén moi esixente. Podedes facela en dous ou tres días, sen problema. Un personaxe, pero que sabe o que fai:

https://www.youtube.com/watch?v=c_IdhmpFtqM&feature=youtu.be

A ver se algún se atreve a grabarse e compartilo con nós para facelo máis divertido. SAÚDE!!!


30 de marzo de 2020

Recomendacións básicas pero moi importantes

Bo día! Empezamos nova semana. Para os que estades a seguir o blog de Educación Física, deixo algunhas recomendacións en forma de imáxenes. Intentade contaxiar aos vosos compañeiros para que visiten o blog e participen activamente; a actividade física reporta moitos beneficios. Seguide facendo tódolos días algo e compartídeo. SAÚDE!!!







27 de marzo de 2020

ALIMENTACIÓN e coronavirus

Fin de semana!!! Teremos un tempo de descanso, ben merecido. Pero déixovos un vídeo con algúns consellos para alimentarnos mellor durante este período de confinamento, qué comprar no supermercado e cómo evitar a ansiedade. É imprescidible realizar exercicio físico a diario para mellorar a saúde pero tamén é igual de importante unha alimentación sana e equilibrada. Imos aprender un pouco máis sobre isto. Boa fin de semana!!!



26 de marzo de 2020

Deporte ante todo

Xoves! Ánimo, que xa está moi cerca a fin de semana, para poder descansar NA CASA. Seguro que estades atopando rincóns da mesma que aínda non coñeciades e tamén estou convencido de que participades moito máis que de costume nas labores domésticas.
Carla Dacosta Miranda, de 2º A ESO, invítanos a facer un par de exercicios para manter a forma. A mellor explicación é a visual, así que agradezo a Carla o seu permiso para publicalo. Grazas, e a practicalo coa nosa instructora especial. A ver se pillades o primeiro, porque a monitora está un pouco tola...ou acelerada.









25 de marzo de 2020

Kick Boxing

Bo mércores!
Hoxe temos unha recomendación moi interesante de Noemi García Paredes, de 4º A ESO. Preparádevos os máis esixentes, a ver ata onde podedes chegar. Grazas, Noemi. Coidádevos e coidade dos vosos maiores.

NOEMI:
"Como idea para facer exercicio, recomendo esto: https://youtu.be/gid7mT-1YnY .É unha rutina de kick boxing dun total de 28 días ; o comezo é máis ou menos moderado e dura pouco pero, a medida que avanzan os días, este tempo de exercicio aumenta, é bo para aqueles que non fan moito deporte e queren comezar pouco a pouco. Aademáis, gástase moita enerxía 😁💪"

24 de marzo de 2020

Gimnasio en casa!!!

Bo día!
Xa sei que me diredes que hoxe, martes, non temos Educación Física. Peeeeeero, tamén saberedes que debemos facer algo de exercicio tódolos días, por cuestión de saúde, básicamente. É preferible exercitase un pouco cada día, pero tódolos días, que facelo de cando en vez durante moito tempo seguido. Tamén podemos disfrutar á vez que facemos exercicio físico. Para isto, unha das vosas compañeiras, Lucía Barreiro Jamardo, de 2º B ESO, comparte unha actividade para que fagamos todos, de maneira individual ou en familia, xa que temos que estar na casa.

Lucía:
"Durante esta semana he estado haciendo ejercicio. Por lo tanto, voy a dar algunas ideas para pasar un rato realizando deporte; hasta se puede hacer con la familia!
-Conectad la Wii o algo parecido y poned el Just Dance. Y si alguien no tiene este juego para bailar, hay miles de vídeos en YouTube, donde se muestran estos mismos bailes. Un ejemplo: https://www.youtube.com/watch?v=SWHS4HsgnUk
-Y mi otro método para hacer ejercicio es poner este canal:  https://www.youtube.com/user/gymvirtual; se llama gymvirtual. Y está a tu alcance cualquier ejercicio, desde cardio hasta abdominales.
UN GRAN ABRAZO!!!"

Moi ben, Lucía, porque ademais tamén nos vale para repasar o ritmo de compresións á hora de facer a RCP, da que falaremos noutra entrada, para non esquecelo.
Saúde e bo humor!!!

23 de marzo de 2020

Propostas de exercicio na casa

Bo luns! Despois desta ponte reconstituínte, que tanto precisabamos todos, voltamos ao traballo. Nesta ocasión é Lucía Cordeiro Ruiz, de 2º B ESO, a que aporta diferentes posibilidades a realizar desde a casa, para seguir mantendo a forma e, sobre todo, a saúde. Deixo o email, tal e como mo enviou, porque é perfecto:

Lucía: "Aquí os dejo mi propuesta para hacer ejercicio desde casa estos días que no podemos salir, y así no perder la forma:

Aprovechando que por alguna razón la gente ha comprado estos días grandes cantidades de papel higiénico, qué mejor que utilizar algunos rollos para hacer ejercicio, no? Esta es mi propuesta, tablas de ejercicio utilizando rollos de papel higiénico. Lo bueno que tienen este tipo de ejercicios es que no hay excusa para hacerlos desde casa, porque podéis aprovechar cualquier espacio para llevarlo a cabo. Además, una de las ventajas que tiene es que podéis hacerlo solos, o acompañados por vuestros familiares, todos juntos, para así también motivaros los unos a los otros, y en definitiva hacer ejercicio físico juntos. Aquí os dejo un par de links en los q se ve muy bien cómo podéis hacerlo; podéis probar ambos para ver cuál os va mejor a cada uno.
Pero... si no queréis hacer estos ejercicios, quizá porque os resultan un poquillo durillos, para iniciaros podéis hacer la siguiente dinámica: intentar darle 10 toques a un rollo de papel higiénico, sí sí, como si fuera una pelota de fútbol, y vosotros me diréis... dando diez toques tampoco es que haga mucho ejercicio... ah, pero no habéis pensado que si no lo conseguís estaréis mucho tiempo intentándolo, y eso sí será un esfuerzo ( en el caso de que des 10 a la primera... ¡pues prueba con 20! y problema resuelto). Aquí os dejo un link para que veáis bien a lo que me refiero.

Bueno, espero que os hayan gustado las propuestas y que intentéis hacerlo" 😉 

18 de marzo de 2020

Un par de minutitos

Bo día!
Julieta Torres Martínez, de 2ºA ESO, invítanos a todos a disfrutar de "un par de minutitos" (como ela di) de actividade física. Probemos a rutina de exercicio no seguinte enlace. Se vos parece moi duro, xa sabedes quen é a responsable:

https://youtu.be/iQ3g-gqKe_A

Graciñas, Julieta! A seguir todos co exemplo!

17 de marzo de 2020

Que o coronavirus non nos pare !!!

Aloha!
Esta é a mellor maneira de pasar unha cuarentena en equipo; a seguinte aportación é de Uxía Pazó Malvido, de 2ºB ESO. O enlace lévanos a unha web na que nos dan 7 canais de Youtube cos que podemos facer deporte desde casa:

https://www.genbeta.com/web/siete-canales-youtube-para-hacer-ejercicio-mantenerte-forma-salir-casa 

Grazas, Uxía. Animádevos con máis aportacións, recomendacións, fotos de logros, vídeos de ideas propias, etc. SAÚDE!!!


16 de marzo de 2020

Coronavirus

Bo día!
Iniciamos este período un tanto anormal, pero necesario para frear a pandemia. Como é algo de obrigado cumprimento, podemos utilizalo en positivo e demostrarnos a nós mesmos que somos unha sociedade de verdade. Temos unha oportunidade única para situarnos no mundo e comprobar que, traballando xuntos, obtemos mellores resultados.
No deporte en xeral está demostrado con datos e resultados que, traballando en equipo, como conxunto, e deixando de lado as individualidades, chéganse a acadar as mellores prestacións. Isto ocorre nos deportes de equipo pero tamén nos individuais, onde hai detrás un equipo de traballo.
É o momento de trasladar todo isto á vida en xeral, porque todos nos necesitamos e ninguén é máis importante que o veciño.
Para empezar, podedes ir vendo as entradas anteriores deste blog, que recoñezo foi deseñado para demostrarme a min mesmo de que non serviría para nada entre o alumnado e as súas familias. Non me equivoquei pero nunca pensei que o retomaría como ferramenta ante unha ocasión tan singular.
Trátase de aspectos teóricos da actividade física, da alimentación e da saúde en xeral, que poderemos levar a cabo en canto voltemos á normalidade.
Tamén daremos algunhas pautas para estar activos desde o noso fogar, onde pasaremos unha relativamente longa e inusual tempada.
Gustaríame que utilicemos este medio para axudarnos entre todos, interactuando. Así, todos aqueles que teñades algunha proposta de actividade física que poidamos facer desde a casa, para estar activos, facédema chegar a través do email (mitomateimedio@gmail.com). Irei publicando por este medio os exercicios físicos propostos por vós a través de explicacións, debuxos, vídeos, enlaces, etc. Todos nos aproveitaremos e aprenderemos, saíndo beneficiados como un gran equipo.

Ánimo e bo humor!

A primeira proposta que eu fago é para os que vivan nunha casa con terreo exterior, con patio, con escaleiras ou simplemente coa posibilidade de camiñar. Podemos seguir co programa EU PASO, que desenvolvemos durante os meses de xaneiro e febreiro. Poño unha folla de rexistro actualizada, para que apuntedes o progreso. Non esquezades a movilidade articular para iniciar o quecemento e os estiramentos ao rematar.