14 de abril de 2020

OCA MuévetEF

Bo día! Remataron as vacacións de Semana Santa. Supoño que todos viaxamos en soños e pasamos uns interesantes días de relax en familia. Tamén imaxino que non deixamos de facer exercicio, pois é fundamental para vivir con saúde. Outra cousa é a alimentación, pois habería algún que outro exceso típico das datas, como os doces, as roscas ou as monas de chocolate.
Agora toca voltar a certa normalidade, dentro do que as circunstancias permitan. O que vos pido é que sigades enviando propostas de actividade física, do que facedes e do que propoñedes para que os demais fagan. Podedes facelo a través do meu email, como ata agora. Preocupádevos, tamén, de correr a voz para que os compañeiros que aínda non participaron, o fagan desta vez, pois aínda non sei nada de moitos de vós. É imprescindible que me fagades chegar un correo electrónico para contactar con todos e poder dar solucións individualizadas.
Hoxe deixo unha proposta para estes días; trátase dunha OCA de Educación Física. Vai o enlace; agardo algún vídeo de demostración. Saúde!

https://view.genial.ly/5e73b3c24aba9c1b7b82bc6c

2 comentarios:

  1. Hola Mito son joel eu estou facendo unha taboa de exercicios que e unha aplicación de play store chamase 7 minutos e tes distintos programas pero sempre de 7 minutos EJ: reforzar abdominais,tonificar o corpo ata exercicios para dormir mellor!! Unha aperta. Chao 😀

    ResponderEliminar
  2. Moi ben, Joel! Paréceme moi boa proposta e moi entretida. a seguir con esta rutina, é un bo hábito. Apertas!

    ResponderEliminar