8 de mayo de 2020

Cómo facer solución hidroalcólica

Boas! Hoxe ide camiñar. Aproveitade, porque volta a choiva a fin de semana. Facede tódolas compras e obrigas que tedes fóra da casa e poñede a funcionar o podómetro, reloxo ou app para contar os pasos. Intentade facer máis de 10000 pasos a un bo ritmo.
Déixovos unha sinxela fórmula para fabricar na casa unha solución hidroalcólica que nos sirva de desinfección para as mans (posto que aínda pode estar complicado atopar a xel preparado ou resulta moi caro). Trátase de mesturar alcol de 96 graos, do que todos temos na casa, máis auga, nas seguintes proporcións: para un litro de preparado, mesturade 700 cc de alcol e 300 cc de auga, sendo a proporción 70%-30%. Sinxelo e práctico!
Boa finde, boa vida!!!


2 comentarios:

  1. Hola mito son joel de 3B moitas grazas por esta proposta e pola información xa que nestes tempos e moi útil. Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Alégrome. Grazas a ti, Joel, por contactar. Apertas!

    ResponderEliminar